Trátase dun tramo de 1.200 metros no que a institución está a investir máis de 400.000 euros
A Deputación de Pontevedra ultima as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-7102 Serrapio-Portela en Cerdedo-Cotobade, nun tramo que comprende 1.200 metros e no que se investiron máis de 400.000 euros.
As labores que se están a levar a cabo no lugar visitáronas no día de hoxe a deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela.
Tal e como recordou a deputada provincial, ata agora, a estrada tiña un ancho medio de 4,5 metros, carecía de beiravías e presentaba un trazado sinuoso, cunha sucesión de curvas entrelazadas de pequeno radio onde a visibilidade para os vehículos era practicamente inexistente.
Por outro lado, a vía tiña problemas en canto á drenaxe da plataforma que xeraban acumulacións de auga nos días de precipitacións. Deste xeito, Couselo remarcou que se trata «dunha obra moi demandada polos veciños e o alcalde da vila que, por fin, estase a converter en realidade”.
Nestes momentos as obras están practicamente rematadas a falta da capa de aglomerado e da instalación da correspondente sinalización horizontal e vertical, así como doutros elementos de seguridade.
A deputada provincial, Isabel Couselo recordou, que as principais actuacións dirixíronse a darlle unha solución a estes problemas.
A esta actuación na EP-7102 Serrapio-Portela, onde a Deputación de Pontevedra investiu máis de 400.000 euros, súmase a outra que a institución ten tamén en marcha no concello, na EP-0405 A Xesteira-Almofrei na que está a investir preto dun millón de euros.