jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño e Deputación ultiman o proxecto de mellora peonil entre o...

O Porriño e Deputación ultiman o proxecto de mellora peonil entre o centro urbano con Torneiros e Mosende

A deputada Isabel Couselo reuniuse co alcalde do Porriño e tamén deputado provincial, Alejandro Lorenzo, para incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que vai redactar o servizo provincial de Infraestruturas

O Concello do Porriño ultima coa Deputación de Pontevedra o proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-2401, que une nucleo urbano do Porriño con Mosende. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación da Deputación de Pontevedra, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde do Porriño e tamén deputado provincial, Alejandro Lorenzo, para incorporar as demandas do goberno local ao proxecto que vai redactar o servizo provincial de Infraestruturas.


En liñas xerais, realizaron un percorrido pola estrada provincial e estudaron as diferentes alternativas para avanzar na construción dunha vía máis segura para o tránsito peonil. Deste xeito, tal e como avanzaron, está previsto que o proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-2401 incorpore actuacións de humanización desde Torneiros cara Mosende.


O proxecto de mellora deste vial trátase dunha das principais demandas e prioridades trasladadas polo alcalde do Porriño en canto ás estradas provinciais que atravesan a vila. “Trátase dunha estrada moi transitada, que cada día utilizan moitos veciños de Torneiros, Mosende e do centro urbano e que non dispón dunhas beirarrúas en condicións que garantan a súa seguridade. En moitos tramos son demasiado estreitas, noutros nin existen”, explicou o rexedor, “É algo que levamos moitos anos demandando e que urxe, polo que é unha gran nova que se poña en marcha este proxecto”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS