viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta redactará un proxecto para a conservación de vías en Ourense

A Xunta redactará un proxecto para a conservación de vías en Ourense

O custo das actuacións estímase en 2 millóns de euros, se ben o investimento final se concretará no proceso de redacción

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, aproveitou esta mañá a súa visita á rúa Progreso para comprobar o estado das actuacións que se están levando a cabo no lugar para anunciar que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de iniciar a redacción do proxecto de conservación das travesías autonómicas no núcleo urbano de Ourense.

O delegado territorial sinalou que se trata de definir as intervencións para a rehabilitación do firme das distintas rúas de titularidade da Xunta de Galicia no municipio, con especial intensidade na OU-413. Ademais, Pardo precisou que o custo das actuacións estímase en dous millóns de euros, se ben o investimento final concretarase no proceso de redacción do proxecto.

Na actualidade a Xunta de Galicia ten rúas e avenidas de titularidade autonómica que transcorren polo núcleo urbano do municipio ourensá, totalmente integradas na trama urbana que chegan a unha lonxitude de 13 quilómetros.

O obxectivo da Xunta de Galicia é contar co proxecto a finais deste ano 2024, para a súa licitación no vindeiro ano 2025.

Así o explicaba o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS