As actividades tamén comezarán o día 2 en horario habitual
A piscina municipal reabre a súas portas o vindeiro luns día 2 de setembro no seu horario habitual.
As actividades programadas da piscina son as habituais: cursos de natación para bebés, cativos e adultos e aquagym, ademais do baño libre. Os socios poden utilizar libremente a sala de cardio situada no primeiro andar. Tamén se ofertan clases de pilates e ximnasia de mantemento.
En relacións as clases de ximnasia de mantemento e aos cursos de natación e aquagym retoman a actividade o mesmo día 2 e por outro lado, as clases de pilates, o día 3.
Os nenos e os bebés que asistiron durante o mes de xuño a curso, salvo que se desen de baixa por escrito con anterioridade ao 25 de agosto, teñen reservada a súa praza os mesmos días e horas que tiñan en xuño.
Xa está aberto o prazo de matrícula para aqueles cursos nos que haia prazas libres.
Os horarios da piscina, as actividades e as tarifas poden consultarse directamente na web da piscina municipal do Porriño.