jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeOrtiga actuará en Dozón no marco do programa +Música

Ortiga actuará en Dozón no marco do programa +Música

O concerto financiado pola institución provincial comezará ás 19:30 horas na área recreativa da Pena de Francia

O cantante galego Ortiga actuará este domingo, 1 de setembro, no concello de Dozón. Cunha fusión electrónica e os verdadeiros ritmos dunha verbena galega realizará un concerto a partir dás 19:30 horas na área recreativa da Pena de Francia.

Ortiga conta cunha estética diferenciada, caracterizada por unha expresión musical moi ampla. Apaixonado da experimentación, tamén forma parte de Boyanka Kostova e Los Rastreadores.

En Dozón presentará o seu terceiro álbum e os seus principais éxitos acompañado de sete músicos, onde destacan os ventos que incorpora neste novo traballo.

+Música chega a Dozón

O concerto de Ortiga é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra no marco de +Música.

A organización desta actuación está a cargo da Deputación que, a traves do seu programa, está a levar a diferentes localidades da comunidade galega as mellores propostas musicais do panorama galego.

Un programa que concede aos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e a lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS