Un torneo entre todos os equipos de veteranos de Nigrán que rendará homenaxe ao primeiro presidente e fundador do Priegue C.F., ademais de concelleiro e impulsor do campo municipal de Condomínguez
O Concello de Nigrán en colaboración co Club de Fútbol Veteranos de Priegue celebrarán mañá, sábado 31 de agosto, o ‘I Memorial Odilo Dosil Quintela’. Este terá lugar en Condomínguez a partir das 17:30 horas.
Un torneo co que se busca honrar a o que foi o primeiro presidente do Priegue C.F, Odilo Dosil Quintela, falecido no ano 2020 aos 74 anos. Ademais, desempeñou labores como concelleiro de Deportes en Nigrán ou impulsou no municipio o campo de fútbol.
No torneo xogarán todos os equipos de veteranos da localidade: Dunas-Tapería o Druída, Chandebrito, Racing Vilariño e os anfitrións, o Priegue. Deste xeito, o futbol nigranés e o Concello desexan render unha homenaxe pública a quen foi unha figura histórica na promoción do deporte na localidad.
«Estou moi agradecida aos clubes de Nigrán por ter organizado este torneo, esta é a mellor maneira de recordar ao meu pai, xogando, é o que a el lle gustaría», explica Cristina Dosil, quen recorda que «a súa vida estivo adicada ao futbol, desde pequeno xogando no orfanato de Panxón a xa maior sendo presidente do Priegue».