domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísLugoLugo pecha a temporada de Feiras do Libro en Galicia mellorando os...

Lugo pecha a temporada de Feiras do Libro en Galicia mellorando os datos de 2023

Entre abril e agosto a Federación de Librarías de Galicia puxo en marcha, coa colaboración da Xunta, 13 citas literarias repartidas por toda a comunidade

O pasado 5 de abril a directiva da Federación de Librarías de Galicia presentaba, xunto ao Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, D. Anxo Lorenzo, o programa de Feiras do Libro 2024, unha aposta decidida por dotar de maior contido e relevancia a un circuito que é xa todo un clásico da primaveira e o verán en Galicia, e que nesta nova tempada contou con 13 citas en 13 municipios diferentes. Tras o remate o pasado sábado da última cita do circuito tradicional, a Feira do Libro de Monforte, a organización ven de recabar os datos do proxecto, que deixan claro a boa saúde da que gozan as feiras do libro en Galicia.

Entre o 19 de abril e o 24 agosto Galicia foi escenario de 13 feiras do libro, repartidas nas 4 provincias. Na Coruña tiveron lugar 4 citas en Ferrol, Santiago, Rianxo e A Coruña. Có mesmo número, a provincia lucense acolleu Feiras en Lugo, Vivieiro, Foz e Monforte. Por último, Pontevedra tivo eventos en Porriño, Redondela, Vigo e Ponteareas e Ourense contou coa tradicinal cita en Ourense capital.

O público deixou claro o seu interese, xa que o cómputo global mostra un aumento do 12% entre os participantes nas propostas culturais do programa. Resulta imposible medir a asistencia total, dado que as feiras celébranse en espazos abertos ao público que non contemplan o control de entrada, pero a percepción xeral da organización e dos libreiros participantes apunta a un aumento das visitas, na liña do aumento da participación nas convocatorias, algo que queda reflectido nas cifras de vendas: máis de 55.000 exemplares por valor de máis de 1 millón de euros entre as 13 citas, dos cales o 35% entra dentro dos libros publicados en galego.

Dende a organización apuntan a que parte da clave deste incremento pode atoparse no aumento das librarías participantes, 152 en total, un 11% máis que no 2023. A Federación de Librarías de Galicia mostrase satisfeita, “o 98% das librarías participantes volverían participar tras o seu paso polas feiras do 2024, o que nos demostra que este é o camiño a traballar”. Por iso, dende o organismo confirman que están xa a traballar, xunto á Xunta de Galicia, na proposta cultural para as Feiras do Libro 2025.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS