jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísLugoConecta co Voluntariado, unha oportunidade para coñecer Galicia

Conecta co Voluntariado, unha oportunidade para coñecer Galicia

Esta iniciativa, financiada pola Xunta, está destinada á mocidade galega no exterior e ofrece a posibilidade de que coñezan fisicamente a terra dos seus antepasados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no aeroporto de Alvedro aos beneficiarios do programa Conecta co Voluntariado, unha iniciativa destinada á mocidade galega residente no exterior. Durante a recepción, o secretario xeral destacou a importancia desta oportunidade para fortalecer os vínculos dos mozos galegos no exterior coa súa terra de orixe, ao mesmo tempo que contribúen á mellora ambiental e á recuperación do patrimonio cultural de Galicia.

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ofrece a 20 participantes a oportunidade de coñecer Galicia a través de actividades de voluntariado, que se realizarán no campo de traballo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo, entre hoxe, 29 de agosto, e o 9 de setembro.

Antonio Rodríguez Miranda subliñou o valor das actividades de convivencia, formación e tempo libre que complementan o traballo voluntario, creando unha experiencia enriquecedora tanto para os participantes como para as comunidades locais. O programa Conecta co Voluntariado, que ofrece a posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus antepasados para moitos destes mozos, está financiado pola Xunta, que se encarga da organización da viaxe, incluíndo os traslados e a manutención dos participantes durante a súa estadía en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS