lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta investirá máis de 11 millóns de euros en obradoiros duais...

A Xunta investirá máis de 11 millóns de euros en obradoiros duais de emprego para a provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que Ourense é a provincia máis favorecida da concesión dos novos obradoiros duais de emprego polo Goberno galego

A Xunta destinará máis de 11 millóns de euros á posta en marcha de 27 obradoiros duais de emprego que beneficiarán a máis de 500 participantes de 66 concellos e catro mancomunidades da provincia de Ourense.

Así o anunciou esta mañá o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, na visita ao obradoiro dual de emprego ‘Terra de Benestar II’ da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terras de Celanova.

O delegado territorial destacou que Ourense é a provincia máis favorecida da concesión dos novos obradoiros duais de emprego polo Goberno galego. Deste xeito, a Xunta concedeu axudas a 27 obradoiros a Ourense, 22 á Coruña, 20 a Pontevedra e 17 a Lugo.

Manuel Pardo salientou a importancia destas medidas que a maiores de formar a persoas con especiais dificultades de inserción laboral, desenvolven un traballo de interese público remunerado. Ademais, todos eles poden obter un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación adquiren ferramentas para reforzar habilidades e competencias que respondan ás demandas do mercado laboral.

Requisitos e prioridades

O delegado territorial sinalou que estes obradoiros duais poden ser promovidos polos concellos, mancomunidades ou entidades públicas dependentes, así como por entidades sen ánimo de lucro do sector forestal.

A convocatoria de axudas puxo o foco na formación forestal e nas iniciativas centradas na posta en valor das rutas do Camiño de Santiago ou nas áreas declaradas Reserva da Biosfera. Tamén nas propostas de concellos fusionados ou emprendedores e de actividades relacionadas coas TIC e coa economía dixital, así como relacionadas co tecido empresarial e coas posibilidades de inserción futura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS