jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasLa Vuelta Ciclista a España, un escaparate turístico de Galicia

La Vuelta Ciclista a España, un escaparate turístico de Galicia

Ponteareas acolleu onte o inicio da décima etapa desta competición ás 13.30 horas

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe a contribución da 79 edición de La Vuelta Ciclista a España, da que se disputan catro etapas en Galicia, como un escaparate turístico da comunidade. Rueda, que asistiu ao inicio da décima etapa de La Vuelta entre Ponteareas e Baiona, salientou que se trata dun espectáculo deportivo seguido por persoas de máis de 180 países que poderán observar os atractivos e a oferta turística de Galicia.

Nesta liña, o presidente galego fixo fincapé en que a celebración de eventos deste tipo na nosa comunidade promoven a internacionalización do turismo e permitirá seguir aumentando o número de viaxeiros que elixen Galicia como destino. Os primeiros datos que se coñecen deste verán indican que, no que pasado mes de xullo, a comunidade rexistrou 612.000 visitantes aloxados en hoteis e pensións que fixeron preto de 1,3 millóns de pernoctacións, o que supón un incremento do 2,5 % con respecto ao ano anterior. Ademais, o turismo internacional séguese consolidando e volveu medrar o pasado mes por cuarto ano consecutivo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS