viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasFozara solicita á Xunta e o Concello axuda para recuperar o monte...

Fozara solicita á Xunta e o Concello axuda para recuperar o monte afectado polo lume forestal

A directiva da Comunidade de Montes en Man Común de Fozara explica que o lume afectou a unhas 12 hectáreas do monte da parroquia ponteareana

A Comunidade de Montes en Man Común de Fozara reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello de Ponteareas axuda para recuperar o monte veciñal afectado polo lume do día 16 e 17 de agosto, que se iniciou na tamén parroquia ponteareana de Paredes e chegou á de Toutón en Mondariz.

A directiva da Comunidade de Montes explica que o lume afectou a unhas 12 hectáreas do monte de Fozara, todo arborado con pinus pinaster, e das que 4 hectáreas eran unha nova plantación de piñeiro de 6 anos. Ademais tamén se víu alcanzada polo lume parte dunha plantación de frondosas realizada este mismo ano precisamente nunha zona que xa sufrira un incendio no pasado ano. O custo de todas esas plantacións, agora destruidas polo lume, fora asumido por completo pola Comunidade de Montes, facéndose cargo non só do gasto da plantación senón tamén doutros labores como a súa roza anual, poda e mantemento de camiños forestais.

Dase a circunstancia de que por segundo ano consecutivo o monte de Fozara se ve afectado por un lume. Tanto o do 2023 coma o deste ano se iniciaron en zonas próximas entre si e ao pé da estrada autonómica PO-253. Por iso, a directiva da Comunidade de Montes esixe que se investigue en profundidade esta actividade incendiaria nas parroquias de Fozara e Paredes para identificar aos culpabeis e esixir as responsabilidades penais que procedan. Ademais do dano ao arborado, o incendio foi en zonas de mananciais do abastecemento de auga veciñal, o que supón agora un risco de efectos sobre os mesmos como consecuencia da perda de cuberta vexetal e desprendemento de terras pola forte pendente.

    مقالات ذات صلة

    OUTRAS NOVAS