lunes, septiembre 16, 2024
InicioO PaísA CoruñaContigo no Camiño axuda a 1.500 peregrinos durante o verán

Contigo no Camiño axuda a 1.500 peregrinos durante o verán

O presidente do Goberno galego pon en valor o traballo dos voluntarios na presentación dos resultados da cuarta edición desta iniciativa levada a cabo pola Cruz Vermella co apoio da Xunta

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia do programa Contigo no Camiño 2024. Esta iniciativa da Cruz Vermella leva catro anos reforzando a seguridade e atención aos peregrinos do Camiño Francés, desde Sarria a Santiago, co apoio do Goberno galego. Este verán, os voluntarios da ONG atenderon preto de 1.500 asistencias.

Rueda agradeceu o labor que realizan ao longo do percorrido ao ofrecer unha asistencia “fundamental” que da tranquilidade aos viaxeiros. Nesta liña, asegurou que esta iniciativa contribúe a que os peregrinos perciban que “o Camiño é seguro desde todos os puntos de vista”. “Desde o persoal, pero tamén a nivel sanitario, que se teñen algún percance – por pequeno que sexa- serán perfectamente atendidos”, indicou o presidente.

Das preto de 1.500 asistencias que se levan atendidas no que vai de verán, tal e como se especificou durante o balance de resultados da iniciativa no Monte do Gozo, 480 foron levadas a cabo polos equipos móbiles con bicicletas eléctricas e 996 nos postos fixos de atención. A maioría son asistencias sanitarias leves como feridas nos pés ou dores musculares, pero tamén se realizou apoio doutra índole como información de carácter xeral das etapas, a súa dificultade, lugares nos que durmir, comer ou visitar.

O Camiño Francés segue a ser a ruta xacobea máis concorrida, con 162.000 Compostelas recollidas no que vai de ano. En total, recolléronse 342.478 credenciais ata o momento, o que supón un 13% máis con respecto ao mesmo período do ano pasado. Rueda salientou que a previsión é rematar o ano “cun novo máximo” de visitantes no Camiño e destacou “a diversificación” dos peregrinos polas distintas rutas así como a desestacionalización á hora de peregrinar cara Compostela.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS