domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasA solidaridade galega protagonizará o Festival da Poesía no Condado

A solidaridade galega protagonizará o Festival da Poesía no Condado

O evento histórico da lírica da Sociedade Cultural e Deportiva do Condado terá lugar este sábado no recinto amurallado de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño acollerá este sábado a trixésimo sexta edición do Festival da Poesía no Condado, un ano despois da conmemoración dos 50 anos de vida da súa entidade promotora, a SCD do Condado. A solidariedade galega coa causa palestina será o eixo central das actividades previstas que, como é habitual, combinan poesía con música e diferentes expresións artísticas, culturais e deportivas, nun encontro lúdico e reivindicativo que reunirá a miles de persoas no municipio.

O programa de actividades comezará na mañá, ás 10.30 horas, cun descenso de embarcacións tradicionais polo río Miño e a saída do “tren Chu-chú”, que levará ás persoas asistentes polas rúas de Salvaterra e Monção a partir das 11.00 horas. A potente trovoada percusionista de Ameaça de Bombo marcará o arranque festivo no mesmo horario na Praza da Oliva no recinto amurallado de Salvaterra, marcando así a apertura dos postos do mercado de artesáns e colectivos que envolverán ao longo da xornada todos os espazos centrais da festa.

Desde a organización, debido ao protagonismo que quixeron mostrar cara á loita de Palestina coa das mulleres, organizaron un elenco composto exclusivamente por poetas femininas. En diferentes espazos e de maneira intercalada entre as actividades da xornada, recitarán os seus poemas a investigadora e poeta palestina Shahd Wadi, xunto a Arancha Nogueira, Inma Núñez Núñez, Diana Kurich, Iris Abril Teijeira, Afra Torrado, Lucía Cernadas, Susana Araujo, Susana Arins e Charo Lopes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS