lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsComarcasAlfoso Rueda subliña o papel estratéxico do sector vitivinícola na economía de...

Alfoso Rueda subliña o papel estratéxico do sector vitivinícola na economía de Galicia

O presidente da Xunta pon en valor a súa contribución á xeración de emprego e fixación de poboación no rural, así como na promoción do selo Galicia Calidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte o papel fundamental que xoga o sector vitivinícola na economía galega. Este área ten un carácter estratéxico ao xerar emprego, sobre todo no rural, fixando poboación con xente nova e promovendo o selo Galicia Calidade. Así o manifestou durante unha visita á bodega As Laxas, no concello de Arbo, no que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Neste encontro, Rueda enxalzou a traxectoria desta “empresa familiar” como exemplo de emprendemento rural que, ao longo de catro xeracións, conseguiu combinar tradición e innovación, acadando “moito nome xa en toda Galicia”.

O titular do Goberno galego subliñou a relevancia que teñen cada vez máis os viños galegos en todo o mundo, supoñendo un atractivo turístico da comunidade, un “turismo con sentidiño que é o que queremos atraer a Galicia”. Nesta liña, reafirmou o compromiso da Xunta para seguir axudando ao sector vitivinícola con “menos burocracia” e “máis facilidade para xestionar a terra”. Así, existen xa diferentes liñas de axudas, como os 4 millóns de euros destinados este ano á reconversión de viñedos e ao fomento de variedades autóctonas; os 1,7 millóns para a promoción dos viños no estranxeiro; e os 4,5 millóns dispoñibles para cubrir os custos de elaboración e comercialización dos produtos.

O presidente tamén fixo referencia á excelente produción rexistrada na vendima de 2023, a máis abundante da última década, e apuntou a que este ano de novo será “moi boa”. Así, Rueda quixo recoñecer o esforzo dos máis de 10.000 viticultores galegos, dos cales máis de 1.500 pertencen á subzona do Condado do Tea onde se atopa As Laxas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS