domingo, noviembre 24, 2024
InicioActualidadeEducaciónA Xunta financia as melloras nas instalacións das escolas de Bueu e...

A Xunta financia as melloras nas instalacións das escolas de Bueu e Vilaboa

Cun orzamento de máis de 55.000 euros, aprovéitase o verán para renovar as instalacións

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado dos alcaldes das localidades e outros membros das corporacións municipais, visitaron esta mañá as escolas infantís públicas autonómicas dos concellos pontevedreses de Vilaboa e Bueu. En ambos, realízanse obras de mellora para renovar as instalacións durante o verán.

As melloras que se están a realizar en cada centro

Na EI de Bueu, os principais traballos desenvólvense nas áreas de xogo, coa substitución do revestimento actual por un novo de caucho que permitirá a introdución de xogos visuais, mellorará a estética do conxunto e reforzará a seguridade, eliminando os desniveis. Tamén se ampliarán as zonas verdes e se mellorarán os accesos e a circulación polo centro.

Na EI de Vilaboa, as obras consisten na instalación dunha tarima de vinilo de cor clara no interior das aulas e doutras dependencias para igualala coa que xa está instalada no patio interior. Ademais, mellorarase a estética das fachadas e instalarase un dispositivo para aumentar a presión da auga corrente.

A execución das obras corre a cargo dos Concellos, mentres o Consorcio asume o seu financiamento mediante a compensación do importe das liquidacións que ten que aboar a Administración local por este servizo: máis de 36.000 no caso de Bueu e por riba dos 19.000 no caso de Vilaboa.

Gratuidade ata os 3 anos de idade

Cun investimento de 60 millóns de euros, o próximo curso será o terceiro no que a Xunta financiará integramente a etapa 0-3 anos nas escolas infantís, tanto públicas como privadas e de entidades sociais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS