As investigacións intensificáronse o 24 de xuño, tras rexistrar o primeiro lume do verán nesta zona, caracterizada por unha alta actividade incendiara nos últimos anos
Os axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), da Dirección Xeral de Defensa do Monte e dependente da Consellería do Medio Rural, veñen de identificar ao presunto autor de varios lumes forestais na parroquia de San Salvador do Río, pertencente ao concello ourensán de Vilamarín.
Trátase dunha persoa habitual e coñecedora do lugar. Os traballos de investigación e os operativos de vixilancia establecidos na zona permitiron recadar probas suficientes para poñer a disposición xudicial ao presunto autor de xeito intencionado destes incendios. As
primeiras dilixencias xa foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Ourense e ao Ministerio Fiscal.
As investigacións intesificáronse a partir do 24 de xuño, logo de rexistrar o primeiro lume do verán nesta zona, caracterizada por unha alta actividade incendiaria nos últimos anos.
O labor dos axentes da UIFO desenvólvese en estreita colaboración co resto traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) da Xunta, especialmente do Distrito Forestal XII Miño-Arnoia, responsable da zona.