Compra-venda de gando, xincanas, concursos e espectáculos ecuestres con Aires de Romero e Alberto Borjas forman parte do programa
Miles de persoas participarán este sábado, 24 de agosto, en Tui na Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu, a segunda das dúas que anualmente se celebran na cidade xunto á de San Telmo. Esta é unha cita secular que conta con gran tradición e que nos últimos anos ten dado un gran a nivel cualitativo e cuantitativo que a sitúa entre as máis relevantes e importantes das que se celebran en Galicia.
O programa comezará, no recinto da rúa Loureiro, ás 8:00 h coa actividade de compra-venda de gando. Establécense premios aos tratante con máis Cabeza, con máis Burros, con máis Cabalos e con máis Ponis.
A partir das 10.30h celebrarase a xincana infantil, unha proposta que busca atraer ao público máis novo. Logo haberá tamén xincana de adultos. Todas aquelas persoas que acudan á Xuntanza a cabalo e que circulen pola pista de presentación a partir das 11 h poderán optar aos premios especiais, que se entregarán ás 13 h, á Mellor Presentación, aos Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas, así coma ao Xinete máis novo e á Amazona máis nova.
Ás 14:00 h o público poderá disfrutar co espectáculo ecuestre “Aires de Romero” con Miguel Romero, Andrea Alonso e Inés Cobián. Tras o xantar, ás 17 h, haberá demostracións de enganche de troncos, limoneras, ponis, e tamén infantil. Nesta proba contarase coa participación do campión de España de enganche.
O programa da Concentración Cabalar de San Bartolomeu pecharase, ás 20:00 h, co espectáculo ecuestre de Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantarón.
Ao longo do día haberá poni club no que os nenos e nenas se poderán realizar o seu bautismo hípico. No recinto non faltarán postos de artigos de equitación, así como postos gastronómicos.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salienta o traballo que se leva realizando nos últimos anos para situar ás concentracións cabalares de Tui, San Telmo e San Bartolomeu, entre as máis destacadas de Galicia. Convida Rafael Estévez a acudir este sábado a Tui e gozar do amplo programa previsto ao longo da xornada.