viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal acolle este sábado o Trofeo Ciclista Pista de As Faias

O Rosal acolle este sábado o Trofeo Ciclista Pista de As Faias

Esta cita dará comezo ás 16:00 horas e reunirá a 160 participantes

Este sábado, 24 de agosto, O Rosal celebrará sobre rodas a XXXII edición do Trofeo Pista das Faias. Esta competición está organizada polo Club Ciclista do Rosal xunto o apoio do Concello e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xoán de Tabagón.

Un total de 160 ciclistas dividiranse entres as diferentes categorías como: promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e Junior femenina.

En canto as probas que se desenvolverán, os máis pequenos realizarán un circuito de xincana e os maiores, pola súa parte, competirán en pista.

Cabe destacar tamén que esta será unha proba pouco habitual dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo ó desputarse nas categorías Infantil, Cadete e Junior (tanto masculino como femenino) tandas de Eliminación Americana.

Esta iniciativa, que se consolida unha vez máis como un evento de referencia no ciclismo galego, “é posible realizala grazas á implicación dende fai anos do Club Ciclista O Rosal no ámbito deportivo, inculcando dende pequenos o esforzo e a paixón polo deporte das dúas rodas”, tal e como coinciden a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández e o concelleiro de Deportes, José Carlos Martínez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS