Máis de 20 persoas usuarias do Programa Integrado de Emprego realizaron prácticas en 7 empresas mosenses e da contorna, das cales un 25% xa logrou inserirse no mesmo lugar das prácticas
A 9ª edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos que comezou a finais do ano pasado está a apostar forte polo fomento da realización de prácticas non laboráis en empresas como un método eficaz de inserción. Así o demostra o feito de que máis de 20 persoas usuarias do Programa realizaran prácticas en 7 empresas mosenses e da contorna, e de entre elas un 25% lograra xa inserirse no mesmo lugar das prácticas.
Ata o de agora realizáronse 7 convenios de colaboración para a realización de prácticas non laborais en empresas, sendo as devanditas empresas Plastic Omnium con 2 usuarios en prácticas e 2 insercións no posto de operario de produción-loxística, Leroy Merlin Mos con 7 usuarios en prácticas e 2 insercións nos postos de caixeiro/a e almacén, COGAMI Mos con 5 usuarios en prácticas en postos de psicólogo, administrativa, e sociosanitario, Ensinos Medios Formalar con 2 usuarios en prácticas en cociña colectiva, Sprinter Avda. de Madrid con 2 usuarias en prácticas en postos de atención ao público, Recambios Ochoa cun usuario en prácticas que xa quedou insertado en posto de atención ao público e transportista.
Ademais, a maiores, está previsto que para o vindeiro mes de setembro se asine un convenio coa Cociña de Lumai para que 2 usuarios realicen prácticas en postos de administrativa e almacenista; e con COGAMI para 1 usuaria en prácticas de psicóloga.
En resumo, 19 persoas usuarias do plan Integrado de Emprego do Concello de Mos (22 en setembro), realizaron prácticas non laborais en 7 empresas da nosa contorna; das cales 5 xa se inseriron profesionalmente (case un 25% do total das que realizaron as devanditas prácticas). Beneficiáronse desta oportunidade perfiles técnicos moi diferentes: desde operario de produción, ata loxística, caixeiro/a, almacenista, psicólogos/as, administrativos, sociosanitarios, e transportistas.
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos, está cofinanciado pola Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e nel participan 100 usuarios/as de Mos en busca activa de emprego.
Este Programa desenvolveu, dende o seu inicio a finais do ano pasado, 8 accións formativas nas que participaron aproximadamente o 70% usuarios/as. Estas accións formativas centráronse no desenvolvemento de competencias persoáis e profesionáis para o traballo en equipo, dinámicas colaborativas, ferramentas tecnolóxicas para a busca de emprego e Igualdade. Así mesmo iniciaronse as accións formativas certificadas polo Servizo Público de Emprego (SEPE) do itinerario de comercio e hostelería, en previsión de cubrir as necesidades que estes sectores van a ter nos próximos meses.
Esta trátase da IX Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos. E neste senso a rexedora mosense, Nidia Arévalo, salientou que “aínda que non é unha competencia municipal, unha das miñas máximas prioridades e preocupacións na xestión como alcaldesa é a inserción laboral da veciñanza en situación de desemprego, por iso quero agradecer a man tendida da Xunta de Galicia poloç seu apoio incondicional a programas coma este no Concello de Mos, ás empresas pola súa colaboración e participación neles; e, aos usuarios e usuarias, animalos a seguir esforzándose e continuar formándose e realizando unha busca proactiva que, de seguro, dará os seus froitos”.
O VIII Programa Integrado de Mos, finalizado o 16 de novembro de 2023, e no que participaron outras 100 persoas, acadou unha porcentaxe de inserción superior ao 60%. Porcentaxe de inserción co que se superou o obxectivo final do programa, pois se establecía a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes. Os obxectivos dos Programas Integrados son: a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E ofrecer medidas de apoio ao participante.