jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeComeza a Festa do Viño do Condado do Tea nunha edición con...

Comeza a Festa do Viño do Condado do Tea nunha edición con máis espazo, máis postos, máis música e máis viños

Durante tres días Salvaterra de Miño recibirá a público de tódolos puntos da comunidade para desfrutar da gastronomía, a música e os viños

Hoxe, venres 23 de agosto, da comezo ás 20:00 horas a LXV Festa do Viño do Condado
do Tea co tradicional acto de inauguración.


Así, a festa Declarada de Interese Turístico de Galicia, cumple 65 anos con importantes novidades. En primeiro lugar e debido a gran afluencia de público que se rexistrou nas últimas edicións, o recinto da festa amplíase a toda a Muralla contando con espazo de mesas e sombrillas ademais de máis postos de comida e adegas e un segundo escenario tamén na Praza do Castelo. Deste xeito, o público poderá desfrutar comodamente en calquera dos dous espazos da música, gastronomía e viños nun entorno inigualable.


A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda máis antiga de Galicia, manifesta tamén un incremento de adegas, cun total de 27, que terán un posto na festa para que o público poida degustar os seus caldos.


Outro xeito de coñecelos son as actividades programadas: as Catas Comentadas e o Túnel do Viño. As catas rematan este venres 23 de agosto, o día que comeza o Túnel do Viño. O Túnel, dentro do Museo da Ciencia do Viño, este ano contará con máis de 70 viños que o público poderá degustar por tan só 15 euros. O horario é de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.


Este ano o pregoeiro será Sergio Pazos. O actor, cómico, presentador e reporteiro dará lectura ó pregón o domingo ás 13:00h no recinto amurallado, será despois do acto que dará a coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de gaitas de Salvaterra de Miño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS