A «curva da pantalla» non é o único punto dentro da localidade que necesita unhas obras de mantemento urxentes
Tras os feitos acontecidos na noite do luns en Redondela, onde dous mozos perderon a vida tras chocar cun camión da basura e un turismo, os veciños e veciñas da localidade alzaron a voz para reclamar a reparación das diferentes estradas da vila.
Respecto á limitación da velocidade na curva da N-550 de Cesantes, marcada como un dos puntos negros da N-550 e coñecida como «a curva da pantalla», Riva sinala que “deben ser os técnicos os que valoren as actuacións necesarias na estrada” e engadía a importania de que os condutores “respecten a velocidade máxima permitida así como todas as normas de circulación”.
En canto ao accidente que lle custou a vida a dous mozos de 19 anos nesta mesma estrada, a alcaldesa sinala que haberá que esperar ao resultado da investigación da Garda Civil de Tráfico para esclarecer as causas do sinistro.
O Concello de Redondela leva anos reclamando tamén melloras de seguridade viaria non solo neste punto senón en outras estradas, como a vía autonómica PO-250 que conecta con Pazos de Borbén ou mellora das beirarrúas da Avenida Mendiño, que é de titularidade autonómica.
En palabras da rexedora local, Digna Rivas:
«o Concello está en contacto permanente coa Delegación do Goberno en Galicia para trasladarlle as necesidades das vías dependentes da Demarcación de Estradas do Estado, do mesmo xeito que se fai coa Xunta de Galicia ou coa Deputación nas estradas que son de titularidade autonómica ou provincial».
Digna Rivas, alcaldesa de Redondela