O veciño de Atios é un dos enólogos máis influentes de España, con máis de cen recoñecementos nacionais e internacionais
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibe na Casa Consistorial a Pablo Estévez, o veciño de Atios que obtivo por 5ª vez o recoñecemento como “Mellor enólogo de viños xoves de España” dos Premios Baco, un certame organizado pola Unión Española de Catadores (UEC) que distingue aos mellores viños do país. É a quinta ocasión nos últimos seis anos na que Estévez recibe este prestixioso premio da UEC.
Este ano participou con cinco viños, que o fixeron gañar o Gran Baco de ouro: Alma Gaia Vintage 2023 (que obtivo o Gran Baco de Ouro á Mellor marca), Eido da Fonte, Terras do Abelán, Bodegas Petrón e Canción de Elisa.
Nos últimos sete anos fíxose con máis de cen recoñecementos nacionais e internacionais anuais, entre os que salientan os dous recoñecementos como Mellor viño blanco do Premio Especial Alimento de España, que otorga o Ministerio de Agricultura.
Pablo Estévez compartiu co rexedor algunhas anécdotas e algúns consellos na elaboración do viño, no que inflúen moitos factores, pero só algúns son controlables. A anticipación, a
adaptación ás circunstancias e a axilidade de resposta, poden determinar a calidade dun viño.
Estévez busca a continuidade, que a unha persoa lle siga gustando a mesma marca ano tras ano. Iso é algo díficil de conseguir, porque cada ano as variables cambian. O que ten claro é que cada viño ten que expresarse dacordo á súa localización, ás súas variedades e tamén tendo en conta a filosofía da bodega.
Unha vida adicada ao viño
Estévez, nado en Alemania debido a emigración, ten as súas raíces no Ribeiro e Valdeorras. A súa paixón polo mundo vinícola ven contaxiada polos seus avós, viticultores, e aínda que intentou seguir camiños diferentes, finalmente decantouse por estudar Enxeñería Agrícola. Especializouse en Enoloxía e dende hai máis de 25 anos colabora con diferentes bodegas galegas, grandes e pequenas, para conseguir os mellores resultados.
É un home que se adapta facilmente ás circunstancias, e iso lle permite traballar con bodegas moi dispares en cuestión de obxectivos empresariais, porque Estévez ten o foco no que se demanda, e pode adaptar o producto final ao que se aspira, ben sexa unha maior rotación ou unha maior marxe por botella.
“É un orgullo contar con veciños tan profesionais como Pablo, con premios nacionais e internacionais, e irradiando humildade. Estamos encantados de celebrar con él todos os seus logros”, comenta Alejandro Lorenzo.