O Partido Popular de Vigo denuncia que «o propio Concello recoñece incumprir a Lei de Espectáculos de Galicia ao non dispoñer dun plan de inspección nin de comprobación da seguridade das atraccións». Os populares explican nun comunicado que este xoves tiveron acceso aos expedientes das festas de Matamá e Beade,. Tanto as que se celebraron en Matamá como as que tiveron lugar en Beade e confirman que «a atracción do saltamones estivo a funcionar os catro días, do 25 ao 28 de xullo, a pesar de non contar coa autorización do Concello».
O portavoz do Partido Popular en Vigo, Miguel Martín, indica que «resulta do todo imposible que unha atracción que non está a funcionar sufra un accidente». Neste sentido, pregúntase «Por que non se fixo nada para parar o Saltamontes se non tiña autorización e por tanto non podía estar operativa?»
De igual forma, o popular critica que «entre toda a documentación que se nos trasladou tanto ao Ministerio Fiscal como a este grupo municipal, segue sen aparecer orde ou correo algún dirixido á policía local instando á supervisión e control desta atracción tanto en Beade como en Matamá. Comunicación que pedimos hai xa tempo e que seguen sen trasladarnos, o cal nos fai sospeitar da súa inexistencia”.