jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasAs festas de Rebordechán en Crecente contarán co boxeador Enmanuel Reyes como...

As festas de Rebordechán en Crecente contarán co boxeador Enmanuel Reyes como pregoeiro

As festas terán lugar o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de agosto

A verbena dará comezo coa lectura do pregón baixo o nome de Enmanuel Reyes Pla o boxeador olímpico que ven de obter unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de París 2024, na categoría de 92kg.

O deportista, moi ligado á terra galega a pesar do seu orixe cubano, será o encargado de dar comezo ás festas na honra a San Sebastián e a Virxe do Rosario na parroquia de Rebordecháns.

Ese mesmo día realizarase un pasarrúas a cargo da charanga Os Charamujos e pola noite haberá actuación da orquestra La Ola ADN e a Disco Movil Show.

Ao día seguinte, sábado 24, haberá misa na honra de San Sebastián e concerto da Banda de Música de Arcade. A partir das 19:30h os encargados de amenizar a tarde será o Grupo de Gaitas «O Castriño» para proceder ás 21:30h á degustación de mexillóns e viño seguido da actuación do Trío Vaivén a partir das 22:30h.

A festa rematará o domingo 25 coa misa ás 11:30h na honra da Virxe do Rosario acompañada pola Banda de Música de Salvaterra de Miño.

Actividades para todos os gustos esta fin de semana en Rebordecháns!

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS