jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal crea unha bolsa de emprego para o posto de oficial...

O Rosal crea unha bolsa de emprego para o posto de oficial de obras

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude ata o día 26 de agosto

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o posto de oficial de obras mediante sistema de oposición.

O obxectivo desta convocatoria é “dispoñer dunha listaxe de traballadoras e traballadores que nos permita cubrir as necesidades temporais de persoal que poidan xurdir, como cubrir baixas, vacacións, permisos ou o reforzo puntual do servizo por aumento de traballo… Deste xeito, podemos garantir o bo funcionamento de tódolos servizos administrativos municipais”, destaca o concelleiro de Vías e Obras, Germán Fernández Rodríguez.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán achegarse ata o Concello do Rosal, onde se lles facilitará a información correspondente para formar parte do proceso selectivo. O prazo para isto será o vindeiro luns, día 26, este incluído.

Cabe mencionar que, as e os candidatos deberán estar en posesión ou en condicións de obter, na data en que remate o prazo de presentación de instancias, a titulación de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

Ademais, resulta indispensable estar en posesión ou en condicións de obter antes do remate do prazo de presentación de instancias o CELGA 3, así como o carné de conducir tipo B.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS