jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeO Club Natación Mos ofrece un mes de proba gratuita

O Club Natación Mos ofrece un mes de proba gratuita

O Club Natación Mos ofrece un mes de proba gratuito, en setembro ou outubro, a nenos e nenas nados entre os anos 2017 e 2012

O Club Natación Mos, co obxectivo de potenciar a natación entre os mosenses máis pequenos, oferta un mes de proba gratuito a nenos e nenas nados entre os anos 2017 e 2012 para que poidan experimentar de primeira man «un dos deportes máis completos que existen» e tamén co obxectivo de que perdan o medo existente de cara aos clubes.

«O noso fin é que veñan a probar con nós, sen ningún tipo de compromiso, vexan como traballamos e coñezan ao resto de nadadores e nadadoras do clube, e, se lles gusta se unan ao noso clube» informan dende a organización.

O único requisito é que os nenos sepan nadar por si solos 25 metros a crol e espalda sen axuda de materiais de flotación. As prazas poderán ser reservadas a través do correo electrónico enviosmos@gmail.com

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS