O inicio da actuación comeza á altura da intersección da rúa Parada Justel coa rúa Progreso, ao longo dunha lonxitude duns 160 metros
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá as obras de reposición da capa de rodaxe da rúa Progreso, no concello de Ourense. Estas obras teñen un investimento de case 48.000 euros da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
O delegado territorial sinalou que os traballos estanse a executar cos medios da conservación de Estradas da Xunta de Galicia e terán unha duración dunha semana, despois instalarán unha nova sinalización horizontal.
Explicou Manuel Pardo que a rúa Progreso pertence á rede viaria autonómica e está integrada na trama urbana da cidade.
O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas
mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando o vindeiro
ano 53 millóns de euros á súa conservación.
Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense fixo as seguintes declaracións: