jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadePonteareas aposta pola recuperación da Baixada de San Gregorio e do Centro...

Ponteareas aposta pola recuperación da Baixada de San Gregorio e do Centro Histórico

O obxectivo é recuperar esta zona e facela atractiva para residentes, comercio e emprendedora/es

O Concello de Ponteareas informa que redacta xa o proxecto de rexeneración urbana da baixada de San Gregorio e da súa contorna. A alcaldesa Nava Castro e a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas, visitaron a zona acompañadas dos técnicos para “estudar as posibles intervencións que devolvan a beleza e a vida a estas rúas ao tempo que facilitan o tránsito das persoas e así por en valor o no centro histórico”, sinala a alcaldesa.

O Concello da así novos pasos para a posta en valor do centro histórico e mellora tramos do percorrido de Corpus Christi, festa de Interese Turistico Internacional e declarada Ben de Interese Cultural na categoría inmaterial. Neste ano e co obxectivo de recuperar esta zona e facela atractiva para residentes, comercio e emprendedoras/es, o goberno de Ponteareas puxo en marcha a primeira fase do ARI (Área de Rehabilitación Integrada) dirixida ás e aos propietarios dos edificios deste perímetro para dar apoio na rehabilitación dos mesmos. Ademais, aprobou en pleno a área REXURBE que permitirá ao Concello acceder a financiamentos cos que mellorar as infraestruturas públicas; posibilitar a compra de vivendas por parte da Xunta para a súa restauración e abrir bolsas de alugueiro social.

Silvia F. Táboas explica que o Concello intervirá nun total de 1.074,70 m² incrementando nun 159,76 % a superficie peonil. Con esta actuación de acondicionamento e de mellora do espazo calmarase o paso de axitación e reduciranse as emisións de CO2 e ruídos. Ademais este proxecto contribúe na creación dun dos eixos verdes previsto no PMUS e mellora a seguridade viaria.

Na visita tamén participou o escultor Silverio Rivas, Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Representación e Premio Laxeiro acompañado da súa dona e representante, Odile Mansuy. Escultor, goberno e técnicos analizaron as posibilidades deste entorno “para acadar un proxecto harmonioso, atractivo e que dea resposta ás actuais necesidades da veciñanza e tamén as que poidan ter nun futuro próximo e devolver así a este emblemático barrio que forma parte do percorrido de Corpus a vida e riqueza social doutros tempos”, conclúe a alcaldesa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS