viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Festa da Lamprea Seca de Arbo gaña adeptos a pesar da...

A Festa da Lamprea Seca de Arbo gaña adeptos a pesar da calor

Con 29 edicións, a Festa da Lamprea Seca é un dos principais eventos gastronómicos de cantos se celebran na provincia de Pontevedra nos meses de verán

A XXIX Edición da «Festa dá Lamprea Seca» cumpriu un ano máis as expectativas de asistencia de público; coa presenza de miles de persoas que non dubidaron en acudir a esta celebración gastronómica. O alcalde da localidade, Horacio Gil, en nome do Concello agradeceu a masiva acollida e a excelente xornada de convivencia a todos os asistentes.


A relevancia do evento quedou demostrada os días 8, 9 e 10 de agosto na Carballeira de Turbela, donde miles de persoas se achegaron para degustar a Lamprea Seca en empanada e rechea e os viños das adegas de Arbo, mentres gozaban dunha programación cultural nun espazo natural adaptado para a ocasión.

Durante os tres días deixáronse ver polo municipio visitantes chegados de todas partes da xeografía galega, española, do país veciños Portugal e un destacado numero procedente do pais veciño Francia, que se achegaron a coñecer e degustar a lamprea seca, a raíña protagonista e os viños das adegas de Arbo presentes na Carballeira de Turbela.

«A Festa da lamprea Seca, é unha oportunidade para descubrir en todo o seu esplendor a lamprea, Arbo, os seus costumes e as súas xentes», explica Horacio Gil, alcalde de Arbo. «A lamprea e os nosos viños de Rias Baixas, que cada vez son máis demandados polo público en xeral, pódelos degustar durante os tres días na Carballeira de Turbela».

Os tres días da Festa ofrecéronse aos asistentes a este evento unha contorna cálida, acolledora e unha «Lamprea Seca» apetecible. A Festa da Lamprea naceu hai 29 anos, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica e poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, e tras a acollida e centenares de visitantes que visitaron a Festa, o ano pasado ampliouse a programación aos a tres días.

Ademais da oferta gastronómica que brindou a feira, con casetas de produtos, a degustación da lamprea e o viño de Arbo, os visitantes tamén puideron gozar dun amplo e completo programa turístico e sociocultural que incluíu actuacións musicais coas que se amenizou o encontro durante os tres días, unha andaina, unha marcha ciclista, visitas guiadas ao Museo Arabo e unha Feira de Artesanía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS