A brigada, integrada por 5 profesionais, estará activa ata o 7 de outubro
Así o anunciou o Alcalde Luis Piña, despois de manter unha reunión informativa con todos os brigadistas.
Os profesionais desenvolverán fundamentalmente labores de prevención, executarán rozas, rastreo e eliminarán restos en vías e camiños forestais, áreas cortalumes, faixas de xestión da biomasa do Concello ou en superficies sobre as cales o Concello ten cesión de aproveitamento, uso ou desfrute dacordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Tamén traballará en superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición, sempre e cando non sexa posible a mecanización das actuacións.
Ademáis, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, a Xunta de Galicia poderá decidir a mobilización destes medios fóra do termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA, Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.