viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoMáis de 130 persoas celebraron o aniversario de María Vinyals cun desafío...

Máis de 130 persoas celebraron o aniversario de María Vinyals cun desafío de «Eureka Reto Rural»

O equipo “Os Caspers”, o máis rápido en rematar o xogo en Soutomaior, gañou unha experiencia en Terras Gauda, na que se inclúe unha visita ao viñedo e á bodega, unha cata de viños e picoteo

O Castelo de Soutomaior foi o encargado de acoller ás máis de 130 persoas que aceptaron un novo desafío de “Eureka Reto Rural”. Unha actividade divertida e orixinal para tódolos públicos coa que EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúan a desvelar os segredos do territorio. Neste caso permitiu conmemorar a figura da escritora e feminista María Vinyals, coincidindo coa data do seu nacemento no propio castelo no 1875.

O equipo «Os Caspers» foi o que rematou o xogo con maior rapidez, polo que poderá desfrutar dunha unha experiencia en Terras Gauda, na que se inclúe unha visita ao viñedo e á bodega, unha cata de viños e picoteo. Pola súa parte, os ganadores do sorteo foron “Tartaruguiñas”, “Xa” e “Teixeira”, que se levaron cada un unha cesta de produtos locais, entre os que se incluía unha botella de Albariño de Soutomaior.

«Eureka Reto Rural» encárgase de levar a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando a través de xogos de escapismo virtuais os diferentes recunchos e historias dos municipios. O último destes retos, e polo tanto a última oportunidade para participar, terá lugar en Redondela o 20 de setembro, baixo a temática de “A historia da nosa vila”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS