viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoVigo despedirase do último animal salvaxe de Vigonature

Vigo despedirase do último animal salvaxe de Vigonature

O Concello, continuando co novo enfoque de Vigonature, transportará ao seu útimo exemplar das súas instalacións a outro espazo con mellores condicións para darlle unha vida máis acorde coa súa propia natureza

O Concello de Vigo prosegue co camiño iniciado hai xa varios anos para terminar cos animais en catividade e crear un novo enfoque ambiental e de lecer na natureza nas instalacións da Madroa. Nos próximos días o último animal salvaxe, que actualmente vive nas instalación, se despedirá para «estar en mellores condiciones e ter unha vida máis acorde coa súa propia natureza», explica o alcalde, Abel Caballero.

Vigonature foi a resposta para deixar atrás esta zona destinada a visitar animais en catividade, transformándose nun espazo para disfrutar e aprender do mediambiente. Co cambio de nome que tivo en febrero deste ano, sostiñan desde o parque, que era unha “declaración de intencións”, que deixaba de lado a antiga extensa colección de fauna e daba máis peso e importancia aos obxectivos educativos. O rexidor local expone que este proceso de evolución, «Fomos transformando todo aquel espazo nunha aula de natureza, un espazo con zonas axardinadas, camiños de terra e nestes momentos é unha forma de vivir, aprender e estudar o medioambiente, pero con cabida á diversión e ao lecer tamén».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS