sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísOurense xa conta co anteproxecto do primeiro Hotel Balneario na cidade

Ourense xa conta co anteproxecto do primeiro Hotel Balneario na cidade

Dotará a cidade dunhas instalacións de cinco estrelas, con 42 habitacións, integradas na contorna, con espazos para tratamentos individuais e unha ampla zona de restauración 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu onte no Concello o empresario Gregorio Álvarez, quen  promove a construción dun Hotel Balneario de 5 estrelas nos terreos do antigo balneario das Caldas.

Acompañado polos arquitectos Müller.Feijoo Arquitectos, José Jaime Vázquez Iglesias e Álvaro Varela, presentaron ao goberno municipal o anteproxecto desta iniciativa. A traves dela queren dotar a cidade de Ourense dun hotel balneario, que estará á disposición dos veciños e visitantes.

O Hotel Balneario contará cun total de 42 habitacións, ademais de espazos colectivos e individuais de tratamentos termais e unha ampla zona de restauración.

O promotor desta iniciativa, xa titular dos terreos, prevé presentar no Concello antes de final de ano o proxecto básico e iniciar as obras a finais de 2025.

É un proxecto diferente, un hotel boutique, que esperamos que sexa do agrado de todos os ourensáns e de moita máis xente que ten que vir aquí e coñecer esta cidade, que é unha grande descoñecida.  

Gregorio Álvarez promotor da construcción do Hotel Balneario
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS