jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeOs maiores mosenses celebrarán o próximo 25 de agosto en Costoias a...

Os maiores mosenses celebrarán o próximo 25 de agosto en Costoias a 34 edición da súa Festa

54 matrimonios mosenses que celebran este ano as súas Vodas de Ouro serán homenaxeados o 25 de agosto en Costoias

O domingo 25 de agosto celebrarase a tradicional “Festa dos Maiores” do Concello de Mos que nesta trixésimo cuarta edición homenaxeará a quenes celebran as súas Vodas de Ouro en 2024.


Prevese a habitual afluencia de aproximadamente 800 persoas que se congregarán en Costoias para homenaxear aos seus maiores e ao amor que se profesan os matrimonios mosenses que levan medio século xuntos, nunha festa que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Formación e Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, definen como “a máis entrañable de todas as que temos en Mos”.


Os matrimonios que serán homenaxeados en Costoias, parroquia de Tameiga trátanse de parellas, das dez parroquias mosenses, que cumpren ou cumpriron os 50 anos de casados. 8 matrimonios son da parroquia de Tameiga, 7 de Sanguiñeda e 4 de Torroso, 3 da parroquia de Cela, 2 de Dornelas, 4 de Guizán, 6 de Louredo, 9 de Mos, 4 de Petelos e 7 de Pereiras.


Esta emblemática festa concíbese desde a administración local mosense como parte do programa destinado aos maiores, coa finalidade de impulsar a participación social activa e a integración deste colectivo de idade na comunidade, así como lograr a participación en distintas actividades creativas e lúdicas.


A xornada do domingo 25 de agosto desenvolverase contando cunha serie de actos celebrados a partir das 12:00h con Misa cantada Coral Asomamos e Santa Baia de Mos, seguida ás 13:00h da actuación da Banda e Música Xuvenil de Torroso a partir das 14:00h comezo do xantar, a cargo do Concello para os matrimonios homenaxeados. E a partir das 16:00h homenaxe aos matrimonios e actuación a cargo do coñecido cantante de orixe mosense Antonio Barros e finalizando a xuntanza estará o DJ Manu.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS