Contaron con máis de 750 inscricións
O Rosal viviu unha semana inesquecible coa celebración da IV Mostra de Cinema. Un encontro no que ademais puidose disfrutar doutras disciplinas como a música, a fotografía ou o deseño.
Tras recibir máis de 750 inscricións, a semana pasada tivo lugar na Praza do Maio de San Xoán de Tabagón diversas xornadas de proxección de curtas na que os rosaleiros e rosaleiras puideron desfrutar das propostas seleccionadas.
A cita deu comezo o día 7 coa actuación musical do dúo Two in the Mirror, que deu paso a uns días cargados de cine, organizados pola Asociación Ghorghalado da man do Concello do Rosal.
O domingo 11 celebrouse nos xardíns do Concello do Rosal a entrega de premios que comezou coa actuación de Bieitosolo. Entre os premiados estaban:
- “Our Males and females” de Ahmad Alyaseer obtivo os premios á mellor curtametraxe e á mellor fotografía.
- “Antes de que se poña o sol” de Nani Matos, elexiuna o público como a merecedora do premio á mellor curtametraxe.
- “La Masía” de Víctor Català gañou o premio ao mellor guión e Paula Moreta, actriz do filme, conseguiu o recoñecemento como a mellor interpretación.
Ademais, ata día 18 de agosto continuará presente no salón de exposicións do Concello do Rosal unha mostra de balde que reúne fotografía, cinema e deseño gráfico, encadrada dentro das actividades paralelas da Mostra.