viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasNova xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos en Covelo

Nova xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos en Covelo

O Concello oferta a oportunidade de visitar este espectacular serradoiro e a súa aula da natureza e distintos tramos horarios

O Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova visita guiada totalmente gratuíta. Será o domingo 18 de agosto e para participar debemos inscribirnos no número de teléfono que xestiona o guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, 654 500 652. O Concello de Covelo oferta a oportunidade de visitar este espectacular serradoiro e a súa aula da natureza nos seguintes horarios: 10.00, 12.00, 14.00 e 16.00 horas.

As visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural. No marco do proxecto «RíosAldeasMontañas»
deséñanse rutas, observación das estrelas nas catro estacións e saídas didácticas para escolares, todas elas de balde e financiadas polo Concello co apoio da Deputación de Pontevedra. «Promover hábitos de vida saudables e difundir a riqueza patrimonial e medioambiental do Concello de Covelo é o obxectivo destas actividades», así o explica a concelleira de Cultura, Lourdes Enes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS