jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidade"Negrita Music Festival" volve a O Porriño con máis de trece artistas

«Negrita Music Festival» volve a O Porriño con máis de trece artistas

O festival terá lugar o 13 e 14 de setembro e espérase superar os 14.000 asistentes da edición anterior

Esta mañá presentouse no Concello do Porriño o cartel completo do Negrita Music Festival, o festival que se celebrará na vila do Louro os días 13 e 14 de setembro.

JC Reyes e Maka son os dous cabezas de cartel que estarán nesta nova edición, xunto con outros artistas referentes do noso país como Hard GZ, Recycled J ou Maikel Delacalle, entre outros.

O cartaz tamén contará coa presenza de Paul Thin, Lia Kali, Pignoise, Soge Culebra, Lucho RK, Julieta, J Abecia e Denna, ademais dos DJ´s Alvama Ice, Parkineos, Amygdala, Anthony Godfather, Groove Amigos e Traffic House.

O festival pechará a súa xira de 2024 no Porriño

Para que este evento fose posible, se contou co apoio da Xunta de Galicia e a
Deputación de Pontevedra que tamén estiveron presentes no acto de presentación do cartel completo.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, a
delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, e Manuel Garrido, da productora Leitmotiv Producciones, deron a conocer a cada un dos artistas que faltaban por confirmar.

A xira española do Negrita elixiu O Porriño, por segundo ano consecutivo, para a súa edición en Galicia. Tras visitar cidades como Alicante, Salamanca ou Barcelona.

O Porriño será o lugar de peche da xira 2024 e a organización espera superar os 14.000 asistentes do ano pasado.

“Ninguén se pode perder esta oportunidade de ver as mellores actuacións dos grandes
festivais, que están accesibles aquí, para o pobo do Porriño e os alrededores”, comenta Manuel Garrido de Leitmotiv Producciones.

Pola súa banda, Alejandro Lorenzo salienta que “este festival atrae á nosa mocidade, á do
Porriño, a contorna e de toda Galicia. Somos un concello con actividades para toda a veciñanza, e que o Negrita se celebre aquí por segundo ano consecutivo é sinal da boa organización e da boa acollida que tivo o ano pasado. Un evento que sitúa a nosa vila no mapa nacional e que esperamos que se siga repetindo ao longo dos anos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS