jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeMos licita os dous muros de contención previstos de executar antes de...

Mos licita os dous muros de contención previstos de executar antes de final de ano

O proceso de licitación, aberto dende este luns 12 de agosto, deberá estar resolto no mes de setembro

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron hoxe de que dende este luns día 12 está aberto o período de licitación para acometer a reposición dos muros de contención nos Camiños da Míllara en Gándara, na parroquia de Tameiga e da Muralla en A Furna, parroquia de Pereiras. Ambas actuacións enmarcadas dentro da subvención da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan + Provincia 2024 por importe de 127.315,67 euros.


O investimento total a realizar no muro do Camiño da Míllara ascende a 54.658,80 euros e no muro do Camiño da Muralla a 72.565,88 euros. Arévalo e Grandal, incidiron de que “as obras previstas neste proxecto demostran a aposta deste goberno local pola seguridade viaria, que vén sendo unha constante nas últimas lexislaturas, durante as que vimos desenvolvendo cada ano un Plan Anual de Mellora de Camiños e Estradas Municipais”.


A obras comprenderán a execución dun muro no Camiño da Míllara de lonxitude 58 metros e altura variable, sendo a media de 2,5 metros; e doutro muro no Camiño da Muralla, de lonxitude 41 metros e altura media de 4,3 metros.


As obras de acometida de ambos muros consistirán na instalación de estruturas a base de mampostos de granito Rosa Porriño e disposición de medios de protección con banda tipo bionda.


A previsión dos servizos municipais é que ambas actuacións estean totalmente executadas antes de final de ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS