viernes, noviembre 22, 2024
InicioConcellos +ArboArbo honra ao seu patrón San Roque o 16 de agosto na...

Arbo honra ao seu patrón San Roque o 16 de agosto na Carballeira de Turbela

A Carballeira de Turbela, contará con mesas, bancos e sillas para todos os que queiran gozar desta Romaría Popular

Arbo prepárase para celebrar a Festividade de San Roque. Trátase dunha das citas máis importantes do “Verán Cultural” e, sen dúbida, é un símbolo máis da importante oferta gastronómica e de lecer do concello.


O domingo 16 de agosto Arbo volverá converterse nun referente entre as festas que se organizan en honra a este santo e onde reinará a música, a comida, os xogos, o baile e a romaría. Un evento que reúne a todo o pobo e a centos de visitantes da comarca e mesmo de Portugal, atraídos pola extraordinaria oferta que ofrece Arbo nun día tan especial coma este.


Ás 10.00h da comezo a festividade co pasarrúas da Banda de Música Municipal de Arbo e posterior procesión dende a Igrexa Parroquial de Arbo ata a Carballeira de Turbela donde ás 11.30h terá lugar a Misa Solemne de campaña cantada pola Coral Polifónica de Arbo. Ás 13.00h a Banda de Música Municipal de Arbo dará o seu tradicional concerto na Carballeira.


A partir das 12:30 horas e para amenizar o Xantar Campestre, poderase disfrutar da actuación do Grupo “AZABACHE”.

Ás 17.00 horas comezarán os xogos populares nos que maiores e pequenos gozarán dun tempo de recreo e entretemento na Carballeira de Turbela que finalizará cun baile popular.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS