jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoAberto o prazo para solicitar as bolsas comedor do Concello de Vigo

Aberto o prazo para solicitar as bolsas comedor do Concello de Vigo

O período para pedir esta axuda económica para o alumnado da cidade abrirase mañá e poderase solicitar ata o 12 de setembro

O goberno de Vigo abre este mércores, día 14 de agosto, o prazo para pedir as bolsas comedor para o alumnado da cidade, que terán ata o 12 de setembro para solicitalas, co curso escolar xa iniciado. O alcalde, Abel Caballero, anunciou que poderán solicitarse a través da web municipal ou de forma presencial na sede do Concello de 09:00 a 14:00 horas.

O rexedor local volveu a criticar á Xunta, indicando que noutras comunidades son os gobernos autonómicos os que conceden estas axudas. Así mesmo, declarou que «non hai listas de espera», xa que todos os nenos que a soliciten e cumpran cos requisitos, recibirán a bolsa. As solicitudes valóranse segundo a renda per cápita da unidade familiar, priorizando aquelas con menor renda. En caso de igualdade de ingresos, darase prioridade ás familias con maior número de membros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS