domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeO sábado 17 Tui celebra a Festa Gastronómica na rúa Compostela

O sábado 17 Tui celebra a Festa Gastronómica na rúa Compostela

Trece asociacións culturais serán as encargadas de presentar os pratos da gastronomía tradicional dende ás 20 h

Tui prepárase para vivir, o próximo sábado 17, a Festa Gastronómica dentro da XII Festa do Miño. Trece asociacións tudenses serán as encargadas de presentar unha ampla e variada oferta gastronómica centrada na nosa cociña tradicional aínda que tamén haberá oco para a innovación. A partir das 20 h a rúa Compostela transformarase nun gran recinto feiral para acoller as miles de persoas que cada ano acoden á festa.


Neste 2024 as asociacións participantes serán Aloia de Pazos de Reis, Cristo da Agonía de Baldráns, Darraia de Tui, Laxes de Paramos, Lembranzas da Terra de Guillarei, O Mosteiro de Pexegueiro, Paramos, San Bartolomé, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Traxe de Tui, e Xuntanza de Randufe.


Na festa non faltará a animación co Circo Krasnovarak ás 20 h; Fanfarria Taquikardia ás 21 h e Festicultores ás 22.30 h.


Así gastronomía, animación e música daranse a man o próximo sábado 17 de agosto, na rúa Compostela, a partir das 20 h dentro da programación “Tui, verán na rúa” que organiza o Concello de Tui.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS