viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas executa obras de mellora no Centro Cultural de...

O Concello de Ponteareas executa obras de mellora no Centro Cultural de Cillarga, Ribadetea

O Concello de Ponteareas realizou obras de mellora no Centro Cultural do barrio de Cillarga para que as veciñas e veciños poidan desfrutar dun local máis agradable e eficiente. En concreto, o Concello procedeu ao cambio de portas e ventás substituíndo o antigo aluminio por materiais que permiten unha mellora da eficiencia enerxética do edificio e un importante aforro no gasto de calefacción.

Ademais, o Concello procedeu a colocar unha nova cuberta no edificio anexo que evita a entrada de humidade e mellora o illamento. Este centro cultural dá servizo a 73 veciñas e veciños de Cillarga e ao resto dos vinte barrios de Ribadetea e cidadanía en xeral que empregan estas instalacións para participar en cursos e actividades de lecer.

A alcaldesa Nava Castro, acompañada dos concelleiros Silvia F. Táboas e Jesús Cao, visitou as obras e salientou que “as casas e centros culturais son auténticos dinamizadores culturais e sociais indispensables para a vida no rural”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS