viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA moda será protagonista este mércores en Salvaterra de Miño

A moda será protagonista este mércores en Salvaterra de Miño

A partir das 21:00 horas na Praza do Concello de Salvaterra de Miño daranse cita artistas e creadores que desenvolven o seu traballo no municipio

Salvaterra de Miño organiza, dentro do Verán Cultural 2024, o I Desfile de Moda con participación de asociacións, emprendedores e deseñadores. Este mércores, 14 de agosto, a partir das 21:00 horas na Praza do Concello de Salvaterra de Miño daranse cita artistas e creadores que desenvolven o seu traballo no Concello ou teñen relación con el.

Este primeiro desfile busca promocionar todo o talento do municipio e expoñelo para todos os veciños e veciñas dentro do Verán Cultural. As Xoaniñas da Retoral, Manos Creadoras, Pequenanos, Qué Pelusilla!, o Grupo de Labores de Fiolledo, Mar Jewelrin e as deseñadoras Lucía González, Laura Araújo e Uxía Loureiro presentarán as súas creacións e coleccións para todo o público. Ademais exporán os seus productos e deseños para que calquera poda achegarse a velos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS