viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas implanta en convenio coa Cruz Vermella un programa para combater a...

Ponteareas implanta en convenio coa Cruz Vermella un programa para combater a soidade e fortalecer a autonomía das persoas

O Concello activa o primeiro programa de acompañamento familiar

O Concello de Ponteareas colaborará con Cruz Vermella para implantar iniciativas que combatan a soidade e a escaseza de recursos. Para isto Concello e Cruz Vermella asinaron un convenio para desenvolver o programa de acompañamento “+Preto de ti” e o programa “Benestar e Reactivación social”. A alcaldesa, Nava Castro, e o presidente da Asamblea
Comarcal Cruz Roja Condado, Carlos Pérez, formalizaron esta colaboración co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con relacións sociais e familiares deficitarias no seu proceso de avellentamento e contribuír a fortalecer as capacidades das persoas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade ou exclusión social.

Ante a existencia dun grave problema social de soidade non desexada que se agrava cunha poboación moi dispersa e envellecida e as dificultades económicas dos nosos veciños o Concello actúa e activa o primeiro programa de acompañamento e as primeiras accións para mitigar as consecuencias da soidade así como para loitar contra as dificultades.

En colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas os e as especialistas na materia traballarán coas persoas beneficiarias para mellorar o seu día a día e realizar non só unha intervención de mellora tamén de prevención.

Nava Castro insistiu na necesidade de potenciar as capacidades das persoas e grupos sociais máis vulnerables na súa vida cotiá, favorecendo a autonomía persoal e de grupo e a súa plena integración.

Dende Cruz Vermella foméntase o coñecemento de medidas que reducen o nivel de necesidade e amplíanse os recursos de cada persoa para mellorar a súa situación; promovendo a súa autonomía, coa fin de que lideren o seu proceso de cambio e supoña unha transformación duradeira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS