lunes, septiembre 16, 2024
InicioConcellos +ArboArbo estrea 'Lamprey'music' con discoteca móbil

Arbo estrea ‘Lamprey’music’ con discoteca móbil

Arbo organiza “Lamprey’Music” o festival lampreeiro que terá lugar o día 13 de agosto na Praza do Concello

O Concello de Arbo, organiza o martes 13 de agosto, a I edición de “Lamprey’Music” na Praza do Concello, coincidindo esa semana o Día Internacional da Xuventude. «A xuventude é o futuro. Porque xuventude e desenvolvemento é a peza esencial para dinamizar e potencir o municipio» aseguraba o alcalde.

Dende as 23:00h “Lamprey’Music” contará con música en directo coa Discoteca Móbil «MPV MUSIC» sendo a entrada gratuita.

“Lamprey’Music”, é un evento enmarcado dentro do Verán Cultural que está pensado para mozos e mozas a partires dos 16 anos, pero tamén se busca a participación de todas as idades, así como ofrecerlle áos arbenses alternativas de ocio nocturno na vila e darlle ambiente festivo a Arbo.

«Ca I edición do “Lamprey’Music” pretendese atraer a mocidade dos concellos limítrofes, incluído do país veciño Portugal, esperando que a todos e todas lles guste este evento, sexa exitoso e quede marcado no calendario para próximos anos», informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS