lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeA Plataforma Veciñal de Gondomar presenta unha moción ao Concello ante a...

A Plataforma Veciñal de Gondomar presenta unha moción ao Concello ante a falta de servizos básicos

A PVGS solicita que a moción se debata no pleno municipal máis próximo e que poida ser presentada por algún dos seus voceiros.

Dende o 20 de xullo, Gondomar conta coa súa propia Plataforma Veciñal, a cal leva traballando nos primeiros avances para presentar no pleno municipal algunhas das súas peticións.

Como no día de hoxe, onde a Plataforma Veciñal por un Gondomar con Servizos fixo pública a súa moción a prol da implantación dos servizos básicos de saneamento e abastecemento de auga nas diferentes parroquias do municipio.

Aspectos, coma a subministración de auga ou a evacuación e tratamento das augas residuais son servizos básicos que o Concello de Gondomar ten a obriga legal de garantir. Mais, dende o PVGS sinalan que, por exemplo, ningunha parroquia acada máis do 70% en saneamento segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2020.

Por iso, dende a plataforma definen a situación como unha «grave carencia» que está a «obrigar á veciñanza a se valer de pozos negros e fosas sépticas cuxas filtracións están a provocar a contaminación de terras, acuíferos e mananciais».

Este ano a Deputación de Pontevedra puxo en marcha o plan +Provincia, que establece como un dos retos principais o facer fronte a necesidade de mellorar a prestación dos servizos públicos municipais. Dende a Plataforma Veciñal de Gondomar inciden que no que respecta ao saneamento, ese obxectivo «ven sendo incumprido polo goberno municipal de Gondomar reiteradamente».

«É hora de esixir unha mudanza na política de investimos e gastos que dea prioridade
á saúde pública e a protección ambiental» anunciaban a nova formación gondomareña. Por iso, dende o grupo solicitan ao Concello medidas paliativas e un debate no pleno municipal sobra a situación da localidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS