jueves, noviembre 21, 2024
InicioA terraA nosa culturaA Festa do Miño adicará unha xornada á gastronómica tradicional

A Festa do Miño adicará unha xornada á gastronómica tradicional

Trece asociacións culturais serán as encargadas de presentar os
pratos da gastronomía tradicional dende ás 20:00 horas

Tui prepárase para vivir nunha semana, concretamente, o sábado 17, a Festa Gastronómica. Esta cita enmárcase dentro da XII edición das Festa do Miño e será a partir das 20:00 horas na rúa Composteña.

Un total de trece asociacións tudenses serán as encargadas de presentar unha ampla e Variada oferta gastronómica centrada na cociña tradicional galega, aínda que tamén haberá oco para a innovación.

A rúa Compostela transformarase nun gran recinto feiral para acoller as miles de persoas que cada ano acoden á festa.

Ademais, na festa non faltará a animación que estará a cargo de Circo Krasnovarak ás 20:00 horas, despois será a quenda de Fanfarria Taquikardia ás 21:00 horas e por último, pecharán os Festicultores ás 22:30 horas.

Así gastronomía, animación e música daranse a man o próximo sábado 17 na rúa Compostela.

Un total de trece asociacións tudenses participan

Neste 2024, as asociacións participantes serán:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS