lunes, septiembre 16, 2024
InicioA terraA nosa culturaCrecente acolle este sábado o espectáculo 'Ensemble Groba' no marco de +Música

Crecente acolle este sábado o espectáculo ‘Ensemble Groba’ no marco de +Música

O concerto dará comezo ás 22:00h na Igrexa de Sampedro de Crecente, este sábado 10 de agosto. A entrada será de balde ata completar aforo

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” o concerto de Ensemble Groba, que soará na igrexa de San Pedro de Crecente ás 22:00 horas.

Ensemble Groba chegará a Crecente cunha proposta na que interpretará obras de compositores galegos, principalmente Rogelio Groba, Juan Montes e Andrés Graos. Esta formación de cámara naceu no 2002 co obxectivo de poñer en valor a música do mestre Groba. Ademais de formar parte da programación habitual do Festival Groba, ten actuado ao longo destes 22 anos en espazos nacionais e internacionais, sempre co obxectivo de difundir a música galega.


Este concerto enmárcase en +Música, a iniciativa coa que a Deputación de Pontevedra pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. Trátanse de unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS