lunes, septiembre 16, 2024
InicioActualidadeInfraestruturasA Deputación aporta máis de 2 millóns de euros para acometer obras...

A Deputación aporta máis de 2 millóns de euros para acometer obras clave en Silleda

A reunión serviu para abordar o proxecto nas estradas EP-6502 e EP-6505 para mellorar o subministro eléctrico ao mosteiro do Carboeiro

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta os máis de dous millóns de euros que o ente provincial pon a disposición do Concello de Silleda para realizar investimentos clave no municipio.

Estas obras realizaranse a través de diferentes liñas de cooperación, como o plan +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o PON2030 ou mediante convenios de colaboración.

Así o trasladou o mandatario provincial á alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, nun encontro institucional que tivo lugar no día de hoxe na casa consistorial. Nesta reunión analizaron asuntos de interese mutuo para ambas institucións e tivo lugar despois de comprobar o remate das obras de mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria entre Cachafeiro e Silleda.

A reunión de traballo entre López e Fernández serviu tamén para avanzar no proxecto compartido para a mellora dos viarios EP-6502 e EP-6505 que permitirán mellorar o subministro eléctrico do mosteiro do Carboeiro, unha actuación necesaria para executar o proxecto de musealización deste templo que impulsa a Deputación.

Levaron a cabo a visita as obras recén rematadas na EP-7201 entre Cachafeiro e Silleda

O encontro entre os dous mandatarios tivo lugar despois da visita á estrada EP-7201 para comprobar o remate das obras iniciadas a finais do pasado mes de xaneiro e que remataron o 30 de xuño.Durante a visita estiveron acompañados pola deputada provincial de Infraestruturas, Isabel Couselo

Por outra banda, o presidente da Deputación analizou coa rexedora as distintas liñas de colaboración que están abertas entre as dúas administracións. Ao abeiro do Plan +Provincia, a Deputación aprobou unha achega de 950.000 euros para este ano, dos que 622.000 euros na Liña 1 permitirán facer realidade a mellora de camiños municipais en Manduas e Refoxos, mellorar as infraestruturas do parque empresarial Área33, entre outras accións.

A través da Liña 2 do +Provincia, Silleda recibe 119.400 euros para gastos de exercicios pechados e 73.800 euros, para servizos enerxéticos e de mantemento do alumeado. Mentres que da Liña 3 aprobouse unha subvención de 165.000 euros para a contratación de dez persoas.

O Plan servirá tamén para investir 64.000 euros na instalación de diversos módulos para a práctica do skate, así como para a instalación dunha pista multideporte.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS