A praia da Freixa do Concello de Ponteareas conta xa cunha cadeira anfibia especial para desprazarse pola area e flotar na auga, “un recurso necesario e indispensable para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar da praia da Freixa ao igual que o resto da cidadanía”, salienta a alcaldesa Nava Castro, que adianta que seguirán traballando para facer de Ponteareas unha vila máis accesible e na que a cidadanía poida desenvolver o seu día a día en igualdade de condicións.
Esta iniciativa da concellería de Medio Ambiente que dirixe Silvia F. Táboas permitirá o seu uso a todas as persoas que o precisen solicitándolla ao persoal do servizo de socorristas.